A oferta de actividades ao aire libre volve coa chegada do verán e o tempo de sol. Desenvolveranse actividades deportivas para persoas adultas e para a xente miúda, que dinamizarán o verán en Moeche, xunto á programación cultural, turística, que en breve se anunciará, e o xa tradicional campamento de conciliación Sementeira.

Se hai uns días finalizaban as escolas deportivas municipais coa entrega de diplomas e merenda para as escolas infantís e a cea dos adultos, agora xa están aquí as actividades deportivas do programa Verán en Acción: natación, aquagym, tenis e ximnasia ao aire libre. O período de inscrición comezará a partir do martes 11 de xuño -na Casa do Concello ou na Sede Electrónica municipal-  e as clases iniciaranse na primeira semana de xullo.

Programa

Camiñadas “entre lusco e fusco”
Camiñadas cun percorrido accesible para nen@s e maiores duns 8 quilómetros e dúas horas de duración aproximadamente. Serán os venres 21 de xuño (22:00 horas) e 19 de xullo (22:00 horas) coincidindo  coa lúa case chea deses meses. Estas andainas son gratuítas, e só será necesario un foco ou lanterna, chaleco reflector, roupa e calzado axeitados e os menores deberán ir acompañados dun adulto. En canto á ruta, a andaina de xuño partirá do recinto feiral de San Ramón cara Ramil, Pena Xacín e volta e a de xullo daremos os detalles nas vindeiras semanas. Inscricións no correo daniel.feijoo@moeche.gal.

Natación e Aquagym
A piscina municipal acollerá de novo cursos de natación para persoas adultas maiores de 16 anos durante os meses de xullo e agosto, e tamén para os máis pequenos de entre 4 e 15 anos, con dous niveis de  aprendizaxe.
Cursos de natación infantil iniciación: mércores e venres, de 12.30 a 13.15h
Cursos de natación infantil perfeccionamento: mércores e venres de 11.30 a 12.30h
Curso de natación e aquagym para adultos: luns e xoves de 12.00 a 13.00h
Prezos
Persoas adultas: 18€/mes
Natación infantil: 12€/mes

Tenis
Clases de tenis nas pistas de Abade para os menores de 16 anos.
Horarios: todos os xoves de 11:00 a 13:00 (dous grupos de unha hora segundo o nivel)
Prezos: 5€/mes
Lugar: pistas de tenis en Trieiro (Abade)

Ximnasia ao aire libre
E para os maiores de 50 anos, haberá ximnasia ao aire libre nas inmediacións da casa do concello, mantemento, pilates, e utilización dos aparellos do parque biosaudable.
Data: martes e xoves de 10.30 a 11.30h
Lugar: parque biosaudable (Casa do Concello)
Prezo: 5€/mes.

Data de comezo das actividades: 1ª semana de xullo Data remate:  finais de agosto.

Información no teléfono  981 404 006 ou correo a daniel.feijoo@moeche.gal. Os formularios están dispoñibles no propio departamento de Deportes, no Rexistro Xeral ou ben poden descargarse da web municipal (ao final desta información).

Inscrición; poderase facer a partir do martes 11 de xuño, no Rexistro Xeral, na Casa do Concello, de luns a venres, en horario de atención ao público, de 08.30 a 14.00 h , ou ben na sede electrónica (www.moeche.gal).

Fichas de inscrición en formato descargable

Natación infantil iniciación  PDF | FORMATO EDITABLE

Natación infantil perfeccionamento  PDF | FORMATO EDITABLE

Natación adult@s Aquagym  PDF | FORMATO EDITABLE

Tenis infantil  PDF | FORMATO EDITABLE

Ximnasia ao aire libre  PDF | FORMATO EDITABLE