Vai rematando xa o verán que estivo cheo de actividades deportivas e culturais e comezou xa o curso escolar. Con el veñen tamén as escolas deportivas municipais 2022-2023 , con actividades para os máis novos – despois de dous anos sen elas- encaixadas nas denominadas actividades extraescolares, e para as persoas adultas. O programa comezará en outubro e farao xa sen as limitacións que nos viñan marcadas polo COVID. O prazo de inscrición para todas as actividades municipais está aberto a partir do luns 19 de setembro, e podémonos apuntar na Casa do Concello ou ben por sede electrónica na web municipal, www.moeche.gal. Os impresos pódense descargar ao final desta nova.
A rapazada poderá apuntarse a patinaxe, en dous niveis, iniciación e perfeccionamento, a tenis, da man da Federación Galega de Tenis, a psicomotricidade ou a cestería, un interesante obradoiro de iniciación á cestaría organizado en colaboración coa asociación veciñal Val de Moeche.
As escolas para maiores de 15 anos repetirán o Exercicio Saudable Maiores+, con actividade física para quen pase de 50 anos, tanto no local social de Abade como no Pavillón municipal,Spinning e pilates , que de novo ofertará quendas de mañá e de tarde.
O catálogo de actividades complétase cunha ampla oferta tamén da man das entidades veciñais: ioga, pandeireta, etc que xa están a anunciar desde as entidades.
Escolas deportivas municipais 2022- 2023
Escolas infantís
Actividade | Días | Horas | Lugar | Idade |
Patinaxe perfeccionamento | Luns | 15.45-16.45 | Pavillón municipal | 8 -12 anos |
Patinaxe iniciación | Martes | 15.45-16.45 |
Pavillón municipal |
4-7 anos |
Psiomotricidade/multideporte | Xoves | 15.45 – 16.45 | Pavillón municipal | 4-7 anos |
Tenis 1 Tenis 2Tenis 3Esta actividade enmárcase no Programa Corresponsables da Federación Galega de Tenis. |
Mércores | 15.45 – 16.45
17.00-17.50 18-10-19.00 |
Pavillón municipal | 5 -16 anos |
Cestería * | Xoves | 15.30 – 16.30 | Pavillón municipal | De 5 a 12 anos |
*A actividade de cestería realízase coa colaboración da A.VV. Val de Moeche, encargada de impartila. Evidentemente non forma parte das escolas deportivas senón que pertence ás escolas municipais culturais que están a piques de pechar a súa oferta, a falta de concretar uns horarios co monitorado de diferentes actividades
PERSOAS ADULTAS
Actividade | Días | Horas | Lugar |
Pilates | Mércores e venres | 10.00 a 11.00 h | Local social Abade |
Exercicio saudable
Maiores + |
Luns, martes e xoves | 17.00 a 17.50 h | Local social Abade |
Exercicio saudable
Maiores + |
Luns, martes e xoves | 18.10 a 19.00 h | Pavillón municipal |
Spinning | Luns e xoves | 20.10 – 21.00 | Pavillón municipal |
Pilates | Luns e xoves
Martes |
19.10-20.00
20.10-21.00 |
Pavillón municipal |
Adestramento funcional
(circuítos de forza, aeróbicos, etc) |
Martes | 19.10-20.00 H | Pavillón municipal |
As prazas asignaranse por orde de inscrición e crearase unha lista de agardas para cubrir as baixas e faltas de asistencias continuadas. Terán preferencia en todas as actividades as persoas empadroadas no Concello de Moeche e o alumnado que participou no curso pasado completo.En determinadas modalidades establécese un número limitado de prazas: spinning; 12; patinaxe iniciación e psicomotricidade: 10; resto de actividades : 15.
Inscrición: a partir do19 de setembro por rexistro na Sede Electrónica, ou ben presencialmente na Casa do Concello, de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas para todas as activides excepto para tenis.
Importante TENIS: para inscribirse na actividade de tenis hai que apuntarse a través dun formulario publicado na páxina web da Federación Galega de Tenis: https://www.fgtenis.net/gl/plan-de-corresponsables/ ou no enlace: https://acortar.link/MzD57
Información: 981 404006
Data de comezo: prevese comezar o 10 de outubro sempre que haxa un número mínimo de inscritos. Comunicaráselles a data de comezo a todas as persoas inscritas .
Tarifas: as escolas infantís serán gratuítas e as escolas para adultos rexeranse pola Ordenanza ním. 16 reguladora do prezo público.
3 horas/semana: 12€/mes; maiores de 65 e menores de 18 anos: 9€/mes
2 horas/semana: 10€/mes; maiores de 65 e menores de 18 anos: 6€/mes
1 hora/semana: 6€/mes; maiores de 65 e menores de 18 anos:5€/mes
A contía dos prezos públicos verase reducida nos seguintes casos e non poderá concorrer máis dunha redución por participante, nese caso aplicarase a que resulte máis vantaxosa para este.
- Familia numerosa (50%)
- Posuír unha minusvalía superior ao 33%. (30%)
- Inscritos na mesma actividade máis dun participante dunha unidade familiar, o primeiro pagará o 100% e os seguintes o 50% do prezo público. En todo caso o desconto aplicarase ás cotas menores.
- Por posuir o carné xove (15%)
- As persoas que acrediten a súa falta de capacidade económica para o pagamento (100D
Documentación
Últimos comentarios