Volve o concurso “De Pincho en Pincho”  coa terceira edición, a primeira fin de semana de abril. Organizado polo Concello de Moeche  a nova edición, na que  una vez máis colaboran os establecementos participantes, bota a andar desde as 20 horas do venres 5 de abril até primeiras horas da tarde do domingo 7 e ofrecer a posibilidade de probar con cada consumición saborosas especialidades preparadas por varios establecementos, todo co obxectivo  de promover a dinamización da hostelería local,  ademais de dar a coñecer  os nosos produtos. “De Pincho en Pincho”  repite o servizo de autobús na tarde-noite do sábado. O bus realizará varias veces un itinerario circular percorrendo todos os locais participantes. Sairá ás 20.30 h de diante de Casa Pena e rematará as voltas sobre as 23.30h.

Nesta terceira edición do concurso participan varios locais que presenta os seguinte petiscos: “Doce e salgado”, da Taberna Irmandiños, “Bola de bacallau con nata”, de Casa Toñito, “Piquicheos”, de Casa Pena, “Laconcito pibil”, do Restaurante Delfino, “Mar de Xambas”, do Bar Xambas, “Aqui hai rollito”, do Bar Ubaldo, e “Lombo en salsa á pementa”, do Café-bar Marcial. Saborosos e orixinais bocados que a hostalería local nos ofrecerá na primeira fin de semana de abril. Todos os petiscos deberán ser elaborados de forma artesanal e ser pequenos , de tal xeito que se poidan comer en 2 ou 3 bocados. Para poder degustar o pincho é requisito facer unha consumición.

Todas eles optan aos tres premios que se outorgarán nesta edición, consistentes nun diploma e un distintivo acreditativo para poñer á vista no local:

Premio ao máis orixinal

Premio ao máis tradicional

Premio ao máis saboroso

A decisión de cal será o pincho gañador sairá dos votos que emitan todas as persoas que  entre o venres e o domingo fagan a rolda por todos os establecementos. Os horarios en que se servirán os petiscos a concurso están definidos: o venres de 20 a 23.00h., o sábado de 11 a 15 e de 20 a 23.00h. e o domingo só de 11 a 15.00h. En cada bar e restaurante haberá tarxetas para votar polos aperitivos que cada persoa considere, que se servirán de balde con cada consumición. Nos locais tamén haberá unha urna para depositar as papeletas, que só serán válidas se contan coa sinatura ou o selo de todos os establecementos participantes. Tendo en conta que o luns algúns dos locais participantes permanecen pechados por ser día de descanso, o resultado do concurso darase a coñecer o martes 9 de abril. Os premios entregaranse en acto público na data que determine a organización e en establecementos gañadores

Quen realice o itinerario completo -ao xeito que queira – tamén poderá levar premio xa que os locais participantes e o o Concello organizan un sorteo entre aquelas persoas que selen a súa tarxeta en todos e cada un dos locais concursantes : un bono individual de persoa adulta para a piscina municipal válido durante a temporada 2019, un pase para todas as actividades culturais organizadas polo Concello durante o que queda de ano (entrada no Castelo, teatro, Castelo de Sons, rutas xeolóxicas, etc.) e dous lotes de produtos locais doados polos establecementos.

Coma o pasado ano haberá un bus que percorrerá o sábado 6 pola tarde-noite todos os establecementos -agás Delfino, que pecha ese día- facendo parada en cada un deles, facilitando desta maneira que se complete a ruta sen preocuparse de coller o coche. O transporte gratuíto do sábado sairá de Casa Pena ás 20.30 h e continuará o percorrido pola Taberna Irmandiños , o Bar Xambas, Casa Toñito, Café-bar Marcial, Bar Ubaldo e volta a Casa Pena. Ese itinerario farase continuamente parando en cada sitio só para deixar ou recoller xente, antes de rematar as viaxes a iso das 23.30h.

Bases do III Concurso de Pincho en Pincho