Comeza hoxe venres 21 o XLVII Festival Irmandiño, un dos festivais máis veteranos de Galicia.    Unha nova edición dun festival que continúa con forza desde 1980, da man de moitas persoas voluntarias xeración tras xeración e de diferentes administracions que , en maior ou menor medida , achegan a súa colaboración, asi como entidades particulares. O Concello colabora no desenvolvemento do Festival Irmandiño a través dun convenio  que se asinou hai un días entre a alcaldesa e o presidente da Asociación Cultural Irmandiños,O festival arranca hoxe venres 21,e segue o sábado 22 e domingo 13 de agosto

Unha nova edición do Festival Irmandiño, e van 47, bota a andar hoxe 21 de agosto mantendo o carácter reivindicativo do espírito irmandiño a través da cultura.

O programa da 47 edición volve combinar música e propostas de lecer durante tres intensos días que nos traen ao presente a revolta Irmandiña de 1431, cando o exército de Roi Xordo –a Irmandade Fusquenlla- se apoderou do castelo perseguindo ao seu señor, Nuno Freire de Andrade “O Mao”. Non o deron pillado e, pouco despois, aquela revolta contra a inxustiza e a opresión foi reprimida con dureza. Fose como fose, en Moeche segue reivindicándose a figura de Roi Xordo e de todos cantos o acompañaron naquela primeira revolución que volvería prender anos máis tarde, en 1467, con moita máis forza e cun resultado final parecido. Foi daquela cando os Irmandiños derrubaron parte do castelo, sen imaxinar  que pouco despois terían que reconstruílo como castigo.

O Irmandiño comezará con forza esta noite do venres 21 ao son dunha foliada popular que cada ano conta con máis participación no Campo de Melle, onde se agardan que se sumen gaiteiros e gaiteiras, acordeonistas e percusionistas da comarca.

O día grande do festival é o sábado 22, música, xogos, exposicións, visitas ao castelo, boa música e asalto ao castelo para unha xornada de reivindicación da nosa historia e cultura. O castelo estará aberto desde as 13.00 h con entrada de balde durante toda a xornada.

No castelo, ademais da visita á propia fortaleza, o Concello ofrece a posibilidade de visitar o Centro de Interpretación das Revoltas Irmandiñas, cun percorrido polo que foron as Revoltas Irmandiñas na historia de Galicia. E a partir das 13.30 h sesión vermú no campo do festival.

Tras a hora do xantar -para o que hai moitas opcións: ir de merendada, mercar un bocata do toldo, degustar o menú dalgún dos restaurantes de Moeche ou incluso ter algo de previsión e pillar antes de baixar a San Xurxo calquera cousa rica das que hai no mercado de San Ramón dos sábados pola mañá-, comezará todo :xogos, musica, asalto e moita festa.

A partir das 16.00 h, os xogos infantís e o divertido asalto infantil ao castelo de Moeche. O asalto achega a rapazada a todo o que representa o Irmandiño propoñéndolles para iso unha actividade moi lúdica. Desde a organización recoméndanlles ás familias que anden xa polo entorno do castelo sobre as 16.15 ou 16.30h. para facer os preparativos. Despois, ás 18.00h, ao pé do campo de festival, competición de xogos tradicionais: o tiro á corda, o serrado con tronzador ou o lanzamento de pacas de herba seca.

E rematados os xogos, un tempo breve para descansar e repoñer forzas e xa comeza a música co grupo Os D´Abaixo,ás 21.10h , e a seguir a actuación de Xosé Lois Romero, arredor das 22.45 h.

A asociación organizadora estima, en función do que se prolongue a actuacións musicais, que o pregón se pronuncie sobre as 00.00h. O pregoeiro deste ano será Alba Mancebo que coas súas verbas dará a saída do tradicional Asalto ao castelo con fachos e a sesión pirotécnica culminarán arredor da unha ou unha e cuarto da madrugada cunha fermosa recreación da queima da fachada do castelo.
En calquera caso, despois do asalto chega a música de Fillas de Cassandra, dándolle asi comezo á segunda parte da noite que rematará coa actuación Zenzar

Como novidade este ano o xa tradicional terceiro día de celebración, que será o domingo 23, a partir das 13.30h, terá lugar no Campo de Melle,, no canto dos arredores do Castelo; estará animada pola sesión vermú ata as 15.00h., momento de parar para xantar de campo crioulos, liscos e xamón cocido acompañados de pan e cachelos por un módico prezo. E para pechar ben o 47º Festival Irmandiño de Moeche serán, a partir das 16.30h Leirana e No Cómbaro.

O Concello de Moeche colabora no seu desenvolvemento a través dun convenio que ten unha parte económica e outra de loxística, para que o festival sexa, coma sempre, un éxito. A colaboración municipal coa Asociación Cultural Irmandiños de Moeche reflíctese no convenio asinado hai uns días e recolle unha achega económica de 9.000 euros pagadoiros en dúas veces, 4.5000 euros trala sinatura e outros 4..5000 no momento de presentar a xustificación dos gastos.

Alén desta contía, o Concello tamén achega a actuación  do grupo Os D´Abaixo-  financiando o 25% do caché no marco das  actuacións municipais  solicitadas na Rede Cultural da Deputación da Coruña-  quen asume o 75% restante- , asçi dos gastos das taxas da Sociedade Xeral de Autores de todos os grupos, englobadas no contrato que o Concello mantén con esta entidade.

No tocante á loxística, o Concello de Moeche xestiona a colocación e retirada de colectores do lixo. achega a cisterna muncipal chea de auga para gardar do lume o lanzamento dos foguetes da noite asi como a motobomba coa colaboraicón do Concello de Cerdido, asi mesmo xestiona a colaboración de Protección Civil, nesta edición de novo do Concello das Pontes e do Concello de Narón para o  control do peches de estrada e regulación do tráfico. A colaboración municipal coa organización do Festival Irmandiño abrangue tamén insercións publicitarias en prensa, a roza dunha pequena zona anexa ao campo de Melle, a apertura gratuíta do castelo o sábado e a cesión de espazo para as actividades que teñen lugar dentro da fortaleza e arredor dela.

Outras Administracións tamén colaboran co Irmandiño, como a Área de Cultura de Deputación de Coruña, que desde hai anos aposta por ete festival  cunha achega económica que , nesta edición ascende  a 16.812,53 euros, desde a Área de Cultura.  Nesta edición a área de Deportes da Xunta de Galicia súmase cunha achega de 4.500 €   asi como o financiamento parcial da actuación de Xose Lois Romero -3000 €-  desde a Secretaría Xeral da Lingua.

Aviso: corte de estradas o sábado 21

Como é habitual o sábado 21 , día central do festival Irmandiño, a estrada DP4907 estará cortada ao tráfico de vehículos a partir das  16.00 e ata as 02.00 da madrugada do domingo 23, desde a intersección do Souto da Vila ata o cruce do Pereiro,e  cortarase tamén o paso a vehículos na pista que baixa de Folgosa ao Castelo, á altura do cruce do lugar da Costa con Casas de Eirido.

V Trail dos Irmandiños Castelo de Moeche

O sábado 22 de agosto o val de San Xurxo acolle tamén o evento deportivo V Trail dos Irmandiños “Castelo de Moeche”, organizado polo club deportivo 21 Leguas. Como xa se anunciou produciranse diversas afeccións á mobilidade no municipio:

🔸 De 9:30 a 13:30 h: tránsito de corredores e persoal da organización polos sendeiros e trazados marcados en verde e amarelo no mapara da amaxe de abaixo
🔸 Nos treitos marcados en vermello (estrada de San Xurxo, camiño da pista da Cortiña e camiño da Fonte): cortes de tráfico de arredor de 15 minutos, de 9:30 a 9:45 h e de 10:30 a 10:45 h.
🔸 Nos dous puntos da estrada CP-4904 sinalados en vermello: regulación do tráfico sen corte, de 10:00 a 12:30 h
Agradecemos a comprensión da veciñanza e recomendamos extremar a precaución nestas zonas durante o evento.

Rede Cultural da Deputación da Coruña