O Concello de Moeche organiza, como evento principal en torno ao 8M, unha nova andaina “Camiñando cara a Igualdade” . Esta camiñada, que pechará o mes de marzo, procura contribuir a facer visible a necesaria implicación social na reivindicación da igualdade. O sábado 30 de marzo a partir das 11.30h arrincará a andaina desde as cinco parroquias para confluír no recinto feiral, en San Ramón. Para unha mellor organización fai falla inscrición previa a través de correo@moeche.gal, no teléfono 981 404 006.
Moeche procura visibilizar de novo o compromiso social pola igualdade organizando a II andaina “ Camiñando cara á igualdade”, organizada pola Concellería de Igualdade. Desde distintos puntos do territorio irán saíndo os grupos que se conformen para chegar á mesma hora -sobre as 13 ou 13:15h- ao recinto feiral de San Ramón, onde se servirán uns petiscos e se lerá o manifesto institucional co gallo do 8M aprobado polos grupos municipais..
Co fin de organizarse, é necesaria a inscrición previa a través de correo@moeche.gal, no teléfono 981 404 006 . O prazo segue aberto ata o mércores 27 ás 12.00 h da mañá.
Os distintos puntos de partida son os seguintes, todos situados en lugares con espazo abondo para aparcar:
11:30h Grupo 1: Igrexa de Santa Cruz pasando polo Retorno e uníndose ao Grupo 3 na igrexa de Labacengos. Trátase do itinerario máis longo (7,1 km) e, polo tanto, o máis aconsellable para quen queira dar un bo paseo.
12:00h Grupo 2: Cruceiro de San Xurxo pola CP-4901 ata a CP-4904 (4,3 km, aproximadamente 1 hora)
12:15h Grupo 3: Igrexa de Labacengos pola CP-4902 ata a CP-4904 (3,4 km, 40-45 minutos), con idea de que tanto este grupo como o nº 1 conflúan na estrada das Somozas co Grupo 2 que sobe desde San Xurxo
12:15h Grupo 4: Adro da Igrexa de Abade (3,9 km, uns 45 minutos). O trazado vai pola CP-4905 e por pistas municipais, non pola estrada de Ortigueira
12:15h Grupo 5: Cemiterio de San Xoán, seguindo logo polo Riovello e Pardiñas (2,8 km e uns 40-50 minutos)
12:50h Grupo 6: Cruceiro de San Ramón seguindo a estrada Cristo do Rañal (350 m.), pensado para persoas con mobilidade reducida ou para quen queira participar no acto final.
Os puntos de encontro e os itinerarios están calculados para asegurar que todos os grupos acaben xuntándose sen demoras na nave do Mercado, e ao tempo facilitar que as persoas que queiran sumarse á iniciativa poidan facelo elixindo un percorrido que se axeite ás súas preferencias ou posibilidades físicas.
Últimos comentarios