Xunta de goberno

Xunta de Goberno Local

A Xunta de Goberno Local está presidida pola alcaldesa e forman parte dela os concelleiros e concelleiras:

Cristina García Rey

Miguel Angel Pedreira Rodríguez

Alba Fernández Orjales

As sesións ordinarias da Xunta de Goberno local teñen lugar o 1,11 e 23 de cada mes. No suposto de que o día prefixado fose festivo ou inhábil, celebrarase a sesión co mesmo carácter de ordinaria na data que indique a convocatoria dentro da mesma semana ou posterior.

Competencias delegadas an Xunta de Goberno (BOP num.128, 6 de xullo de 2023)

A Xunta de Goberno Local está presidida pola alcaldesa. As atribucións da Alcaldía delegadas na Xunta de Goberno Local serán:

  • A aprobación de gastos e pagos, dentro dos limites establecidos para a Alcaldía na lexislación aplicable na materia.
  • Aprobar as bases das probas para a selección do persoal e para os concursos de provisión de postos de traballo
  • As aprobacións dos instrumentos de plan de desenvolvemento do plan xeral non expresamente atribuídas ao Pleno, así como a dos instrumentos de xestión urbanística e dos proxectos de urbanización
  • As contratacións e concesións de toda clase cando o seu valor estimado sexa superior aos 10.000 euros e non supere o 10 por 100 dos recursos ordinarios do Orzamento nin, en calquera caso, os seis millóns de euros incluídas as de carácter plurianual, cando a súa duración non sexa superior a catro anos, sempre que o importe acumulado de todas as súas anualidades non supere nin a porcentaxe indicada, referido aos recursos ordinarios do orzamento do primeiro exercicio, nin a contía sinalada.
  • A aprobación dos proxectos de obras e de servizos cando sexa competente para a súa contratación ou concesión e estean previstos no orzamento.
  • A adquisición de bens e dereitos cando o seu valor sexa superior a 10.000 € e non supere o 10 por 100 dos recursos ordinarios do orzamento nin os tres millóns de euros, así como a venda do patrimonio que non supere a porcentaxe nin a contía indicados nos seguintes supostos: A de bens inmóbeis, sempre que estea prevista no orzamento. A de bens móbeis, salvo os declarados de valor histórico ou artístico cuxa venda non se atope prevista no orzamento.
  • O outorgamento das licenzas, salvo que as leis sectoriais o atribúan ao Pleno
  • Os acordos que se adopten por delegación entenderanse ditados por esta Alcaldía como titular da competencia orixinaria, a quen se terá que manter informado do exercicio da delegación.

Tenentes de alcaldesa

Mediante Resolución da Alcaldía acordouse nomear como tenentes de alcaldesa, pola orde que de seguido se indica, ós/ás seguintes concelleiros/as membros da Xunta de Goberno Local:

1º Tenente de alcaldesa: Cristina García Rey

2º Tenente de alcaldesa: Miguel Angel Pedreira Rodríguez

3ª Tenente de alcaldesa: Alba Fernández Orjales

Correspóndelles aos cargos nomeados substituir a Alcaldesa, na orde sinalada, nos casos legalmente establecidos.