Xunta de voceiros

A Xunta de Voceiros e Voceiras é un órgano constituído polas persoas voceiras dos grupos políticos con representación municipal reunidos baixo a presidencia da Alcaldesa. As súas funcións son, entre outras,

  • Información, debate e proposta de asuntos relacionados co desenvolvemento de sesións plenarias.
  • Realizar suxestións e observacións sobre calquera aspecto relacionado co funcionamento e actividade do Concello.

Composición actual:

Beatriz Bascoy Maceiras, alcaldesa, Bloque Nacionalista Galego (BNG).

Magin Lago Tuimil, voceiro do Grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG).

Xulio Cribeiro Garcia, voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular (PP).