Esta pasada fin de semana Moeche, xunto con Cedeira, acolleu as primeiras actividades organizadas co gallo da Semana Europea dos Xeoparques e do I aniversario do Xeoparque Cabo Ortegal, tras o seu recoñecemento como tal por parte da UNESCO o 24 de maio de 2023.
O programa de actividades continúa tras estas primeiras visitas guiadas ao Castelo de Moeche e ao Museo do Mar de Cedeira, con novas rutas e actividade ao longo desta semana, todas elas de carácter gratuito.
Sábado 25
– Ruta das aves e nutrias polo litoral da ría de Ortigueira e Cariño.
– Ruta dos Peiraos de Cariño
– Xeorruta pola Serra do Forgoselo, as canteiras de toelo de Moeche e as minas de cobre de Cerdido.
Domingo 26
– Ruta dos cantís da Capelada, Cabo Ortegal e litoral de Espasante.
Inscricións e información das actividades detallada en https://acortar.link/oGZ2z5
Ademais os días 22 e 23, ás 19:00h, charlas en liña
– “O patrimonio glaciar do Xeoparque do Cabo Ortegal”, da man do doutor da USC Augusto Pérez Alberti , e
– “Outros valores ambientais da Capelada”, a cargo de Xan Rodríguez Silvar, presidente da GHN.
I Aniversario do Xeoparque Cabo Ortegal
O acto institucional do I aniversario do Xeoparque Cabo Ortegal celebrarase o venres 24 de maio, nel recoñecerase o papel das das entidades amigas do Xeoparque e intervirán representantes do Foro Español de Xeoparques, da Rede Europea así como da Asociación e de diferentes institucións e participarán as entidade amigas do Xeoparque. O acto terá lugar ás 17.00 horas na Casa da Cultura do Concello de Valdoviño
Plan de SostibilidadeTurística
Coincidindo coa celebración do I aniversario, o mesmo día pola mañá desenvolverase unha xuntanza informativa para todo os representantes dos concellos do Xeoparque, convocada polo vicepresidente da Deputación da Coruña, e deputado da Área de Turismo, Xosé Regueira, sobre a evolución e programación do Plan de sostibilidade turística en destino (PSTD) Proxecto de Xeoparque Cabo Ortegal.
Últimos comentarios