Hoxe a Casa do Concello acolleu o acto de sinatura do convenio de colaboración para o IV Slalom Concello de Moeche, no que participaron pola Escudería Moeche o seu presidente, Moisés García Fernández ,e polo Concello, a alcaldesa, Beatriz Bascoy Maceiras, e a concelleira de Cultura e Deportes, Iria Couce Rego. O convenio asinado establece unha axuda económica de 2.500,00€ para o desenvolvemento do IV Slálom así como apoio con persoal municipal, barreiras metálicas, trofeos e vehículos contraincendios. O IV Slálom Concello de Moeche terá lugar o sábado 15 de xullo.