Moeche asina un convenio con Ecoembes para un  maior número de  colectores para papel e cartón e envases lixeiros. Este documento aprobouse na última Xunta de Governo e suporá contar cun  total de 12 novos colectores , azuis e amarelos,   para facilitar  a recollida selectiva de papel e cartón  e de envases de plástico.

Os novos colectores para o papel situaranse primeiramente nas parroquias de Santa Cruz e Labacengos, as dúas parroquias que non contan con ningún colector deste tipo, e naqueles puntos  de maior demanda  ou rueiros máis habitados que carecen deles. Do mesmo xeito os novos  colectores amarelos, para envases lixeiros, colocarase nalguns dos núcleos que  nos dispoñen na actualidade deles.

O Goberno local   incrementa  progresivamente  o  número  de colectores para a recollida selectiva co fin de responder ás demandas veciñais e aumentar as porcentaxes  de recuperación  reciclaxe de envases no noso concello e reducir a factura mensual  que se lle aboa a Sogama.