O 19 de outubro publícase no BOP a convocatoria e bases para a concesión de axudas en materia de educación do Concello de Moeche, curso 2017-2018. Esta convocatoria ten como obxectivo favorecer a escolarización pública e a formación universitaria nas familias  do Concello de Moeche, en función dos seus recursos económicos,  mediante a concesión de axudas aos estudantes do termo municipal para a realización de actividades relacionadas coa formación e desprazamentos por motivo de estudos.
Prazo de presentación de solicitudes: 17 de novembro. (20 días hábiles a partir do día seguinte da publicación)

Información. Axudas Moeche estudo e transporte

Impresos: nesta web en liñas de axuda. Enlace: impresos axudas

Para ser beneficiario/a destas axudas é preciso cumprir os seguintes requisitos:

Estar  cursando estudos no centro público de Educación Infantil e Primaria do Concello de Moeche ou estudos de ESO, Bacharelato, Formación Profesional, Universidade, ensinanzas superiores de música e artes escénicas e artes plásticas e deseño en calquera centro de ensino público.. O alumnado cuxas necesidades educativas especiais impidan a súa escolarización nun centro ordinario do municipio poderá solicitar a axuda para asistencia a un centro de educación especial, aínda que non estea localizado no Concello. Quedan excluídos da presente convocatoria, os estudos postgrao

Para a solicitude de axudas de desprazamentos por motivo de estudos será preciso que o alumno/a para o que se se solicite a axuda estea cursando estudos en calquera centro público de: Bacharelato, Formación profesional, Universidade, ensinanzas superiores de música e artes escénicas e artes plásticas e deseño. O alumnado cuxas necesidades educativas especiais impidan a súa escolarización nun centro ordinario do municipio, poderá solicitar a axuda de transporte para asistencia a un Centro de Educación Especial, aínda que non estea localizado no Concello.

Que o/a alumno/a para o que se solicite a axuda non supere os 25 anos de idade e non perciba rendas de ningún tipo.

Que a renda per cápita familiar non supere os límites establecidos na base quinta da presente convocatoria.

Estar empadroadas/os no Concello de Moeche polo menos un dos pais ou titores legais así como os/as alumnos/ as para os que se se solicite a axuda. No caso en que o alumno sexa maior de idade será suficiente con que estea empadroa-do no Concello o estudante que solicita a axuda.Este requisito non será esixible no caso de alumnos ou alumnas que estuden no CEIP San Ramón e pertenzan a concellos limítrofes.

Estar matriculado no curso completo dos estudos que se realizan, agás no caso de cursar estudos universitarios, de ensinanzas superiores de música e artes escénicas e artes plásticas e deseño, nese caso será necesario estar matriculado de, polo menos, 30 créditos do curso correspondente. No caso de estudos postobrigatorios, ter superado no curso 2016-2017, alomenos, o 50% de materias oficiais correspondentes

Cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario/a, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia