O Boletín Oficial da Provincia publica o anuncio do pagamento dos depósitos previos correspondentes ás expropiacións dos terreos necesarios para acometer a MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA NA DP 4901 SAN RAMÓN A ESTRADA AS SOMOZAS ENTRE OS P.Q. 1+000 AO P 1+780 (MOECHE)  no termo municipal de Moeche

Os veciños e veciñas propietarias dos terreos están citados o día 30 de novembro, entre as 16.30 e as 18.00 horas, na nave do mercado de Moeche, situada no recinto feiral. Para garantir a seguridade e evitar concentracións, cítase á veciñanza en distintos  tramos horarios, segundo a orde alfabética dos apelidos dos titulares dos predios

A Deputación da Coruña destina 271.556, 33 euros  a este proxecto presentado polo Concello de Moeche. O proxecto inicial veuxe modificado, na redacción e na contía,  debido ás posteriores adaptacións que cumpriu facer para acomodar as esixencias da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, posto que unha parte do trazado está afectado polos restos do castro da Casabranca, así como a actualización dos cálculos das expropiacións.  O orzamento definitivo quedou, polo tanto,  en 259.171,13 euros  para a obra en si mesma e 12.415,20€ a maiores para resarcir aos propietarios afectados polo ancheado e a construción das beiravías.

Os detalles poden consultarse no BOP https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/11/09/2020_0000008169.pdf