Moeche desenvolverá no mes de novembro un curso sobre a xestión integral de piñeiros: madeira, resina, cogomelos e gando, incluído dentro do Plan de accións de formación continua agroforestal 2021. A actividade está cofinanciada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a Consellería de Medio rural e o FEADER. Terá lugar no salón do Centro Cultural Francisco Piñeiro, en Abade, durante 9 xornadas, cunha parte teórica de 10 horas e unha parte práctica de 30 horas.  O prazo de inscrición  remata o 7 de novembro.

As plantacións de piñeiros acostuman a ter un único obxectivo, o aproveitamento madeireiro. A constante evolución do sector da extracción de resina nos últimos anos evidenciou a importancia de complementar as plantacións con aproveitamentos non madeireiros. Por outro lado, o mantemento do sotobosque de forma controlada permite que afloren cogomelos comestibles no momento que remata a campaña da resina.

Neste marco, organízase un curso sobre a xestión integral de piñeiros, madeira, resina, cogomelos e gando dentro do plan de accións de formación continua agroforestal 2021.

A actividade está cofinanciada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a Consellería de Medio rural e o FEADER. Desenvólvese en 9 xornadas, cunha parte teórica de 10 horas e unha parte práctica de 30 horas .

Dirixido a persoas propietarias forestais, agricultores/as activos dados de alta no sistema de venda directa, persoal empregado ou con expectativas de contrato de empresas de traballo agrarios ou industria agroalimentaria, persoal con solicitude de incorporación, etc .

Datas:  8, 9, 10, 11, 12 ,16 e 17 de novembro  de 15.00 a 19.00 horas; 15 e 18  de novembro de 14.00 a 20.00 h

Lugar: Centro Cultural Francisco Piñeiro

Inscrición

O curso é gratuíto e require inscrición previa ; o prazo remata o 7 de novembro. Débese cubrir un formulario dispoñible no apartado “Plan de Formación 2021” da web da Consellaría do Medio Rural (mediorural.xunta.gal) ou máis abaixo no enlace indicado.  O formulario remitirase a un do seguintes enderezos electrónicos:  correo@moeche.gal;  alejandro.martinez.verez@xunta.gal; informacion@foresin.es

Información nos teléfonos  98133 70 44 ou no 680 20 83 20

Cartel

Formulario inscrición