Cursos de Iniciación á informática e Internet co ordenador
A Aula TIC do Concello de Moeche, desenvolverá dous cursos para iniciarse na informática ou no acceso e manexo de Internet desde o ordenador. Un deles no mes de outubro e outro en decembro e xaneiro.
- Curso 1: inicio o 6 de outubro e finalización o 27 de outubro
- Curso 2: inicio o 1 de decembro e finalización o 26 de xaneiro de 2022
Información e reservas: teléfono WhatsApp 616 016 793 ou presencialmente na Casa do Concello
Servizo Presencial de Axuda
Calquera veciño ou veciña que precise axuda para o uso do ordenadores, teléfono móbil ou trámites en Internet pode acudir, previa cita, tanto aos locais sociais como na Casa do Concello, nas seguintes datas e horarios:
- Aula TIC na Casa do Concello 7 outubro e 4 novembro
- A.VV. Labacengos 14 de outubro e 11 novembro
- Local Social de Abade: 21 de outubro e 18 de novembro
- A.VV. Val de Moeche, no Pereiro 28 de outubro e 25 de novembro
Reserva a túa praza no teléfono 616016793 ou pide cita previa se necesitas axuda presencial.
Últimos comentarios