Transcorrido o prazo de reclamación, publicouse hoxe 24 de agosto de 2017 a relación definitiva de persoas admitidas para as probas da bolsa de emprego de técnica/o do Centro de interpretación da Revolución Irmandiña, situado no Castelo de Moeche.
O decreto que recolle a listaxe de persoas admitidas nomea tamén os membros do tribunal e fixa as datas do exame e da fase de concurso
O tribunal constituirase o día 28 de agosto de 2017, ás 9,30 horas, na Casa do Concello de Moeche para proceder a valoración dos méritos alegados polos aspirantes
A data para a celebración do exercicio da fase de oposición queda fixado no 5 de setembro de 2017 as 17,00 horas no Local Social de Abade (Trieiro)
Pódese consultar nesta ligazón: relación definitiva de persoas admitidas
Últimos comentarios