Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, Luar na Lubre, Huntza, Liviao de Marrao, Sanjurjo &Dopico e Bouba Pandereteiras protagonistas da XXXVIII Festival Irmandiño.
Un cartel de luxo para uha nova edición do Irmandiño, un evento que segue pasando de xeración en xeración, para mantermos viva a memoria da Revolución Irmandiña a través da música e da cultura.
Arrinca o fesitval hoxe venres, 18 cunha Repichoca popular ás 22.00 horas, un xeito de ir preparando o día grande, o sábado 19, unha xornada na que o castelo abre as súas portas con carácter gratuíto desde as once da mañá, e ás 16.30 celebra o Asalto infantil para logo, ás 18.00 , seguir coa Competición de xogos tradicionais. Será Encrucillada, o grupo de música tradicional quen dea a saída á parte musical, seguido de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, Luar na Lubre , ás 00.30 lectura do Pregon a cargo do escrito e mestre Francisco Piñeiro, e Asalto ao Castelo das irmandiñas e irmandiños cos tradicionais fachos. Rematarán a madrugada o grupo vasco Huntza e os chantadinos Liviao de Marrao.
E este ano unha novidade, unha terceira xornada de Festival, o domingo 20 para despedila ben , xantar popular con sesión vermú a cargo de Sanjurjo&Dopico e a sobremesa co ritmo de Bouba Pandereteiras pecha quen abreu empezou, Encrucillada.
Agardámosvos no Festival Irmandiño.
Últimos comentarios