O Concello de Moeche solicitou a visita do equipo de Educación Viaria do Concello de Narón á escola e axiña viñeron. Hoxe, Pedro Caneiro, policía local, e Simón Cabarcos, bombeiro, os dous do Concello de Narón, ensináronlle a todo o alumnado da escola as nocións básica de Seguridade Viaria ao tempo que lle ofreceron unha mañá divertida na que puideron gozar do circuíto que organizaron no patio.
Grazas a estes profesionais e ao Concello de Narón pola súa xenerosa colaboración e rápida resposta á nosa solicitude,