A proposta presentada polo Goberno municipal aprobada en sesión plenaria do pasado 2 de maio elévase a definitiva transcorrido o prazo correspondente. O novo orzamento xeral 2024 do que dispón o Concello ascende a  3.382.746,08€, ao incorporarlle ao orzamento inicial – 1.851.950,00€, – os investimentos que se financiarán con cargo ao 2024.

Entra en vigor o orzamento xeral 2024 aprobado polo Concello de Moeche en Pleno, en sesión extraordinaria no 2 de maio  cuns apartados de ingresos e gastos iniciais por un total de 1.851.950€, incrementado cos investimentos por importe 1.530.796,80 , xa incorporados ao longo dos primeiros meses do ano no orzamento prorrogado co obxectivo de poder ir avanzando nas contratacións. De xeito que o Concello conta cun orzamento en 2024 de 3.382.746,80€ .

Este orzamento 2024 reflicte de novo o mantemento do esforzo inversor e a prestación de servizos públicos de calidade sen recorrer ao endebedamento nin á suba de impostos á veciñanza, máis aló do establecido co IPC. O orzamento municipal é unha previsión de gastos, pero tamén da capacidade dun concello para xerar ingresos suficientes cos que cubrilos. Ambas cifras deben coincidir e o máximo expoñente da boa xestión é cumprir con esas previsións levando adiante todas as actuacións que se puxeron no papel e polos importes calculados inicialmente. Desde o Executivo local destácase que as contas deste ano de novo parten dunha situación económica de cumprimento da normativa estatal sobre o equilibrio económico e financeiro e niveis de endebedamento.

O documento saíu adiante cos votos favorables dos concelleiros e concelleiras do BNG e a abstención das concelleiras do PP . En palabras da alcaldesa, Beatriz Bascoy, procura ser un orzamento “realista e equilibrado para levar adiante un programa de xestión que ten como eixos prioritarios as áreas de servizos sociais, persoal e o apartado de investimentos, nomeadamente na mellora da rede de auga e viaria aí como sumar as peticións e proxectos suxeridos pola veciñanza” . O documento aprobado  non incluiu o groso dos investimentos pois foron  incorporados a comezos de ano no orzamento prorrogado co obxectivo de poder ir avanzando nas contratacións e  agora incorporanse unha vez entra en vigor.

Este documento orzamentario é tamén “un reflexo da realidade á que se enfrontan concellos cun sistema de financiamento local moi afastado da realidade das necesidades e competencias municipais, inxusto e desequilibrado, e da carga de competencias impropias que estamos a soportar ano tras ano” tal e como indicou a rexedora local, Beatriz Bascoy.

Neste exercicio 2024 o Capítulo I, de persoal, é un dos que ten maior suba respecto do ano anterior, un 13,15%, cun total de 649.300,00 €, mantendo a liña de prestar os servizos directamente e cumprir coas subas establecidas polo Estado. Destaca o incremento do persoal do SAF e na mesma área dunha praza a media xornada de auxiliar administrativo

Os gastos en bens correntes e do funcionamento do servizos – luz, auga, combustible, lixo, a suba das taxas de Sogama, servizo de voluminosos e recollida plásticos agrícolas, mantemento da rede de luces pública, saneamento, material, mantemento de vías, mantemento de edificios, naves, escola, servizo de limpeza, campo de fútbol e instalacións deportivas e recreativas, ,etc,- englóbanse no capítulo II que sobe un 1,12% , logo do forte incremento o pasado ano dun 13%, e queda fixado en 824.850,00 euros.

Pola contra, redúcense os gastos financeiros xestións e comisións de entidades bancarias- nun 10%.- Moeche non ten débeda bancaria na actualidade aínda que mantén vivo o préstamo coa Deputación da Coruña para o pagamento dos xuros da expropiación do terreos da Casa do Concello e de obras. Esta débeda comezará a pagarse con fondos do exercicio 2024.

O Goberno municipal mantén a súa liña prioritaria de coidado do servizos sociais, non ó incrementando persoal do SAF, senón mantendo ou incrementando as achegas a servizos como Xantar na Casa, podoloxia, campamento Sementeira, axudas para os gastos de enerxía eléctrica, CLIA, etc.

A dotación para transferencias correntes, é dicir, as axudas a asociacións e familias, así como a outras continxencias. Destinaranse a este cometido un total de 50.2000 euros, unha contía lixeiramente inferior á de 2023 ao axustarse importe global ás cantidades xa utilizadas no orzamento no prorrogado destes catro últimos meses co fin de adaptarse á demanda real .

O capitulo VI, o destinado a investimentos reais, é dicir, a execución de obras parte de 333.350,00 €  e increméntase en 1.530.796,80€ cos investimentos que se foron incorporando xa no orzamento prorrogado con financiamento no  2024; fan un total de 1.864.146,08€ destinados a investimentos. Non se inclúen neste orzamento inicialas os importes do POS +Adicional  que se aprobarán neste mes de xuño,

Na relación de obras que se van executar figuran varios proxectos entre os que destacan polo seu importe as actuacións nas cinco parroquias en camiños e vías en zonas de concentración parcelaria, a as beirarrúas en Abade (Sete Pontes)  e San Ramon, o aglomerado da vía municipal Casabanca a San Ramón, a nova cuberta da cantina no campo de fútbol, o acondicionamento de vías públicas, a ampliación da rede de abastecemento de auga e o proxecto máis elevado economicamente, o Centro de Desenvolvemento Económico e Social, CEDES. no recinto feiral .

Os ingresos para estes investimentos reais proveñen, ademais dos fondos propios do Concello, da Deputación da Coruña principalmente e, en menor medida, da Xunta de Galicia; este ano tamén do Instituto de Transición Xusta, quen a través dos fondos europeos financia ao 100% do proxecto de remodelación dunha das naves da feira .

Ingresos

No apartado de ingresos do orzamento séguese a liña doutros anos, debido sobre todo a que aínda hoxe descoñecemos a achega estatal ante a falla de acordo parlamentario para aprobar os orzamentos. A achega da Deputación a través do POS+ – 221.012,72€,- coñécese desde finais do 2023 o que permite planificar os investimentos e o que se reserva para facerlle fronte a un gasto corrente (luz, combustible,) en constante incremento.

En relación co capítulo I, impostos directos, non se produciu a suba dos importes e faise unha estimación de ingresos similar ao exercicio anterior 327.500,00€.

As transferencias correntes doutras Administracións soben un 3,84% -900.800,00€ e confórmaas principalmente, ademais do POS+, as transferencias da Deputación para servizos sociais, socorrismo, persoal de deportes, do centro de interpretación das revoltas irmandiñas, oficina de turismo, contratación de persoal de obras e servizos, xantar na casa, servizo de podoloxía, feiras, así como as da Xunta de Galia para o convenio de prevención de incendios, fondo de cooperación local e complemento servizos sociocomunitarios