Ás portas do outono, o Concello de Moeche pon en marcha as distintas escolas municipais, que regresan á actividade cunha chea de propostas deportivas e culturais para todas as idades. Para as escolas deportivas o prazo de inscrición estará aberto desde o 1 de outubro e para as escolas culturais desde o 28 de setembro, a través da Sede Electrónica ou presencialmente na Casa do Concello en horario de 9:00 a 14:00 h de luns a venres. As escolas irán comezando na semana do 8 e rematarán o 4 de xuño.
Nas escolas municipais deportivas poderemos practicar até comezos do mes de xuño exercicios de mantemento suaves ou aplicarnos máis a fondo con pilates, spinning ou circuítos de forza. Ademais, para a xente miúda e a mocidade regresan as actividades gratuítas dirixidas principalmente ao alumnado do CEIP San Ramón, como son a patinaxe, o xadrez e o atletismo.
Para que as escolas vaian adiante farán falla grupos mínimos e os horarios poden variar dependendo da demanda. Dado que as prazas son limitadas , lémbrase que terán preferencia, e dentro desta por orde de entrada , as alumnas e os alumnos do curso anterior empadroados no Concello de Moeche, a seguir, alumnas e alumnos do curso anterior non empadroados e finalmente as novas inscricións. Prazas máximas por actividade : Spinning: 12; Xadrez: 10; no resto das actividades.15. As actividades extraescolares deportivas para a rapazada serán de balde, mentres que as das persoas adultas rexeranse polos prezos públicos marcados na ordenanza reguladora nº 16.
A partir do1 de outubro, as 09.00 horas. xa te podes inscribir nas escolas deportivas municipais.
Escolas deportivas municipais de persoas adultas
| Actividades | Dias da semana | Horario | Lugar |
| Ximnasia de mantemento | Luns , martes e xoves | 17:10 a 18:00
18:10 a 19:00 |
Local social de Abade
Pavillón municipal |
| Pilates | Luns e xoves
Martes |
19.10 a 20:00
20:10 a 21:00 |
Pavillón municipal |
| Pilates | Mércores e venres | 10:00 a 11:00 | Local Social de Abade |
| Adestramento funcional | Martes | 19:10 a 20:00 | Pavillón municipal |
|
Spinning
|
Luns e xoves | 20:10 a 21:00 | Pavillón municipal |
Escolas deportivas municipais infantís:
| Actividade | Día da semana | Horario | Idade | Lugar |
| Atletismo | Luns | 15:30 a 16:45 | 5 a 12 anos | Pavillón municipal
|
| Patinaxe | Martes
Xoves |
15:30 a 17:45 | de 4 a 8 anos
de 9 a 12 anos |
Pavillón municipal
|
|
Xadrez
|
Martes | de 15:45 a 16:45 | 5 a 12 anos | aulas do CEIP San Ramón |
Prezos:
• Escolas infantís deportivas gratuítas para alumnos do CEIP San Ramón
• Menores non alumnos/as do centro: 9 €/ mes
• Escolas deportivas de adultos :
o Cursos de 3 horas semana: 15 €/mes ou 12 €/mes para maiores de 65 anos e menores de 18.
o Cursos de 2 ou 1 hora: 12 €/mes ou 9€/mes para maiores de 65 anos e menores de 18.
Pódense consultar as bonificacións para persoas con discapacidade, familias numerosas, carné xove, máis dun membro familiar na actividade, risco de exclusión social na Casa do Concello ou na web municipal, no apartado de Ordenanzas.
Escolas culturais municipais
O Concello de Moeche tamén promove a actividade de teatro dirixida por Pepablo Patiño, para adultos e para menores – con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos-.
🎭Na actividade de Teatro para adult@s o mes de outubro será Mes de Portas Abertas, anímate e proba, aprendizaxe e divertimento.
Así mesmo, a oferta inclúe o consolidado Obradoiro de memoria, da man da traballadora municipal Pilar Pazo, os venres pola tarde.
Para levar adiante as actividades farán falla grupos mínimos de unhas 8 ou 10 persoas de cara a soster as actividades durante todo o curso. Pode ampliarse información no correo pilar.pazo@moeche.gal. Velaí os horarios previstos, suxeitos a variacións dependendo da demanda:
| Actividade | Día | Hora | Lugar | Prezo |
| Teatro persoas adultas | Xoves | 20:00 a 22:00h | Centro Cultural Frco. Piñeiro
(Abade) |
12€* |
| Teatro infantil (6 a 12 anos) | Xoves | 15.45 a 16.45h | CEIP San Ramón | 10€ |
| Obradoiro de memoria (+60 anos) | Venres | 16:00 a 19:00h | Casa do Concello | Gratuíto |
De acordo coa Ordenanza municipal reguladora de actividades culturais, establécese unha matrícula para o teatro de adultos por importe de 50% dunha mensualidade, do 45% no caso de matrícula en dúas actividades e do 30%, no caso de matrícula en tres actividades.
As inscricións nas escolas culturais poderán facerse a partir do 28 de setembro a través da Sede Electrónica (cubrindo os formularios que se poden descargar da web municipal) ou presencialmente na Casa do Concello en horario de 9:00 a 14:00h de luns a venres.
Adestramento funcional | formato pdf
Pilates | formato pdf
Spinning | formato pdf
Exercicio saudable Maiores+ | formato pdf
Escolas infantís deportivas: atletismo, xadrez patinaxe| formato pd
Obradoiro de memoria| formato pdf
Teatro adult@s | Formato pdf
Teatro infanti| l Formato pdf








Últimos comentarios