Acaba o verán e volve a actividade das Escolas deportivas municipais e fano este novo curso con novidades para persoas adultas…

Escola  de atletismo popular, una nova actividade que procura crear un grupo de adestramento con xente interesada en participar en carreiras populares ou simplemente correr para manterse en forma.

e para as nenas e nenos…

Deporte de raqueta (tenis, bádminton e tenis de mesa)

Escolas deportivas persoas adultas

Actividade Días Horas Lugar
Ximnasia mantemento

MAIORES +

(Daniel)

Luns, martes e xoves 17-18 h

18.30- 19.30

Local social Abade

Pavillón municipal

ZUMBA (Trelli) Martes e xoves 20.30-21.30 Pavillón municipal ou local Abade
SPINNING (Victor) Luns e mércores 20.30 – 21.30 Pavillón municipal
Fitness MOVÉMONOS  (Daniel) Luns e xoves 19.30 –

20. 30

Pavillón municipal
Escola de Atletismo Popular  (Daniel) Martes 19.30 – 20.30 Pavillón municipal
Pilates Mércores e venres 10.- 11 h

11- 12 h*

Local Casabranca

Inscrición: a partir do 11 de setembro na Casa do Concello, de luns a venres, de 08.30 a 14.00 horas ou ben no correo daniel.feijoo@moeche.gal

Información: 981 404006 a partir do 11 de setembro.

Data de comezo:  sempre que haxa  un número mínimo de inscritos,  comunicaráselles a data de comezo a todas as persoas inscritas .

Tarifas: segundo a Ordenanza no 16 reguladora do prezo público

3 horas/semana: 12€/mes;  maiores de 65 e menores de 18 anos: 9€/mes

2 horas/semana: 10€/mes;  maiores de 65 e menores de 18 anos: 6€/mes

1 hora/semana: 6€/mes; maiores de 65 e menores de 18 anos:5€/mes

  • Zumba—Step : 15€/mes

A contía dos prezos públicos verase reducida nos seguintes casos  e non  poderá concorrer máis dunha redución por participante, nese caso aplicarase a que resulte máis vantaxosa para este.

  1. Familia numerosa (50%)
  2. Posuir unha minusvalía superior ao 33%. (30%)
  3. Inscritos na mesma actividade máis dun participante dunha unidade familiar, o primeiro pagará o 100% e os seguintes o 50% do prezo público. En todo caso o desconto aplicarase ás cotas menores.
  1. Por posuir o carné xove (15%)
  2. As persoas que acrediten a súa falta de capacidade económica para o pagamento (100%)

Observación: nas actividades de Spinning e Pilates, terá prioridade de praza o alumnado empadroado no Concello de Moeche e as persoas inscritas no curso anterior (2016/2017), sempre que non se desen de baixa durante a tempada.

ESCOLAS DEPORTIVAS INFANTÍS

Actividade Días Horas Lugar Idade
Patinaxe (Daniel) Luns, 15.15-16.30 Pavillón municipal 3 -12 anos
Deportes de raqueta

tenis, bádminton e tenis de mesa (Daniel)

Martes 15.30-16.30 Pavillón municipal

 

5- 12 anos
Kárate (Marco) Venres 15.30 – 17.00 Pavillón municipal 5 – 12 anos

Data de comezo: sempre que haxa  un número mínimo de inscritos,  comunicaráselles a data de comezo a todas as persoas inscritas. Prevista para o 3 de outubro

Documentación  necesaria para  a inscrición:

Fotocopia da tarxeta sanitaria (só para novo alumnado); fotocopia do DNI do alumno/a (só para novo alumnado); folla de inscrición debidamente cuberta

Tarifas: as escolas infantís teñen carácter gratuíto