Escolas deportivas de verán. Verán en Acción¡

O Concello oferta de novo varias actividades ao aire libre que se desenvolverán na piscina, nas pistas de Abade e no parque biosaudable que hai ao carón da casa consistorial.:

Curso de tenis:

Idade: ata 16 anos.   Lugar:pistas de tenis e panel de Abade.  Horarios e días:  luns de 11 a 13.

Prezo: 7€ un mes ; 13€ dous meses

Natación  infantil

Idade: ata 16 anos  Lugar: Piscina Días e horarios: mércores e venres de 12 a 13.00h.

Prezo: 12€ un mes 22€ dous meses

Natación persoas adultas

Idade: máis de 16 anos. Lugar: Piscina Días e horarios: luns e xoves de 12 a 13.00h.

Prezo: 15€ un mes 28€ dous meses

Actividade física ao aire libre

Idade: máis de 16 anos.  Lugar: parque biosaudable do Concello Días e horarios: martes e xoves de 10 a 11.00h. Actividade gratuita

Data de comezo: 2 de xullo

Data remate:  finais de agosto.

información e  inscrición: tono.  981 404 006 ou enviar un correo a daniel.feijoo@moeche.gal.

O formulario está dispoñible no propio departamento de Deportes ou pode descargarse neste enlaces:

Inscrición natación

Inscrición tenis

Inscrición actividade física ao aire libre