No mes de outubro o Concello de Moeche porá en marcha de novo as distintas escolas municipais cun amplo abano de propostas deportivas e culturais para todas as idades. O prazo de inscrición estará aberto desde o 30 de setembro para as deportivas e desde o 23 de setembro para as culturais. A inscrición deberase facer a través da Sede Electrónica ou presencialmente na Casa do Concello en horario de 9:00 a 14:00h de luns a venres. As escolas irán comezando na semana do 7.

Nas escolas municipais deportivas poderemos practicar até o mes de maio exercicios de mantemento suaves ou aplicarnos máis a fondo con pilates, spinning ou circuítos de forza. Ademais, para a xente miúda e a mocidade regresan as actividades gratuítas dirixidas principalmente ao alumnado do CEIP San Ramón, como son a patinaxe, o tenis e o atletismo. Este novo curso as escolas deportivas teñen unha nova actividade, xadrez , tanto para menores como para persoas adultas.

Para que as escolas vaian adiante farán falla grupos mínimos e os horarios poden variar dependendo da demanda. As prazas dispoñibles, que son limitadas, irán asignándose por orde de petición dándolle prioridade á veciñanza de Moeche e a aquelas persoas que asistisen ao curso completo na temporada 2024/2025. As actividades extraescolares deportivas para a rapazada serán de balde mentres que as das persoas adultas rexeranse polos prezos públicos marcados na ordenanza reguladora nº 16..  As escolas culturais réxense todas, infantís e mairores,  pola correspondentes ordenanza núm.20 , agás a actividade de obradoiro de memoria , da área de Benestar Social.

As prazas asignaranse por orde de inscrición e crearase unha lista de agardas para cubrir as baixas e faltas de asistencias continuadas. Terán preferencia en todas as actividades as persoas empadroadas no Concello de Moeche e o alumnado que participou no curso pasado completo. En determinadas modalidades deportivas establécese un número limitado de prazas:  spinning; 12; patinaxe iniciación:12; resto de actividades : 15.

ESCOLAS DEPORTIVAS ADULT@S

Actividades deportivas para persoas adultas

Días

Horarios

Lugar

Prezo

Exercicio saudable Maiores+

luns, martes e xoves

17:00 a 17:50h

Local social Abade

Ver prezos nas fichas de inscrición e bonificacións

Ordenanza reguladora actividades deportivas

18:10 a 19:00h

Pavillón Municipal

Pilates

mércores e venres

10:00 a 11:00h

Local social de Abade

luns e xoves

19:10 a 20:00h

Pavillón municipal

martes

20:10 a 21:00h

Adestramento funcional

(circuítos de forza, aeróbicos, core…)

martes

19:10 a 20:00h

Spinning

luns e xoves

20:10 a 21:00h

Xadrez adult@s

mércores

16.50 a 17.50h

Determinarase en función do numero de persoas inscritas

12€

 

ESCOLAS DEPORTIVASINFANTÍS 

Actividades deportivas para a rapazada

Días

Horarios

Lugar

Prezo

Iniciación á patinaxe

(4 a 7 anos)

luns

15:45 a 16:45h

  Pavillón Municipal

*Xadrez no CEIP San Ramón

GRATUÍTAS

Xadrez

(6 a 12 anos)

mércores

Atletismo

(6 a 12 anos)

xoves

Iniciación ao tenis

(5 a 8 anos)

martes

Perfeccionamento tenis

(9 a 18 anos)

martes

17:00 a 17:50h

Inscrición escolas deportivas

As inscricións nas escolas deportivas poderán facerse desde o 30 de setembro través da Sede Electrónica ou presencialmente na Casa do Concello en horario de 9:00 a 14:00h de luns a venres. As peticións tamén se atenderán por orde de entrada das solicitudes.

Información no tfno 881 820109 ou 981 404006 ou pódese solicitar no correo daniel.feijoo@moechegal

ESCOLAS MUNICIPAIS CULTURAIS.  Xornadas de portas abertas no teatro infantil

As escolas culturais municipais ofrecen este novo curso:

Actividade

Día

Hora

Lugar Prezo

Teatro adultos

xoves

20 a 22.00h

Centro Cultural Frco. Piñeiro (Abade) 12€*

Teatro infantil

(6 a 12 anos)

venres

15.45 a 16.45h

CEIP San Ramón 10€

(outubro portas abertas)

Obradoiro de memoria (+60 anos)

Venres

16.00 a 19.00

Casa do Concello gratuíto
  • De acordo coa ordenanza municipal reguladora de actividades culturais, establécese unha matrícula para o teatro de adultos por importe de 50% dunha mensualidade, do 45% no caso de matrícula en dúas actividades e do 30% , no caso de matrícula en tres actividades.

A Escola Municipal de Teatro, dirixida por Pepablo Patiño, abre novamente a posibilidade da formación dun grupo infantil con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos.  No caso do teatro infantil é unha actividade ofrecida polo Concello en colaboración coa ANPA do CEIP San Ramón e co obxectivo de dar coñecer esta actividade durante o mes de outubro será de PORTAS ABERTAS, de xeito que a rapazada teña a posibilidade de probar antes de anotarse nesta entretida e divertida actividade.

O Obradoiro de Memoria é unha das actividades tradicionais das escolas culturais; unha actividade que se organiza desde as concellerías de Cultura e de Benestar Social, no marco das políticas sociais activas. Dirixido ás persoas maiores de 60 anos , todos os venres de 16.00 a 19.00 h na Casa do Concello. Nesta actividade realízanse tarefas de debuxo, coñecemento, canto, escrita, historia, etc, accións diversas co fin de manter un envellecemento activo.

Inscrición escolas culturais

As inscricións nas escolas culturais poderán facerse desde o 23 de setembro a través da Sede Electrónica (formularios para descargar ao final da noticia) ou presencialmente na Casa do Concello en horario de 9:00 a 14:00h de luns a venres. As peticións tamén se atenderán por orde de entrada das solicitudes. Tanto para o teatro -de persoas adultas e de rapazada- como para o obradoiro de memoria falla grupos mínimos de 8 persoas de cara a soster as actividades durante todo o curso. As escolas culturais iniciarán a semana do 7 de outubro.

Información de escolas culturais no tfno. 881 820105 ou pódese solicitar no correo pilar.pazo@moeche,gal

Fichas de inscrición

Adestramento funcional

Pilates

Spinning

Exercicio saudable Maiores+

Escolas infantís deportivas: tenis, atletismo, xadrez patinaxe

Xadrez maiores

Escolas culturais

*Teatro infantil

*Teatro adult@s

Obradoiro de memoria : solicitude xeral.