Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

15º Aniversario da AVV Labacengos e IV Tarde solidaria

26 Outubro ás 17:00 - 21:00

A asociación veciñal de Labacengos vai facer os seus 15 anos de vida traballando para a xente da parroquia e tamén para a de fóra que quere desfrutar das actividades que organiza. Este aniversario van celebralo cunha divertidísima montaxe da agrupación teatral do CMI Unidade de Fene titulada “A tenda do convento”. Unha obra con todos os ingredientes para rir a cachón tomando como fío condutor a crise que se vive nun convento por causa dos malos resultados económicos da tenda onde venden ao público os seus produtos artesanais. A busca dunha solución aos números vermellos desencadeará unha chea de situacións de moita risa servidas por esta compañía amadora, que chega a Moeche dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Cando acabe a representación servirase un rico chocolate con churros. A entrada no teatro é gratuíta. Porén, a asociación concibiu a celebración cunha finalidade solidaria e por iso se recollerán doazóns de produtos de primeira necesidade -conservas, leite, pasta, legumes, produtos infantís e de hixiene persoal, etc.- que se lle entregarán despois ao Banco de Alimentos Rías Altas de Ferrol.

Detalles

Fecha:
26 Outubro
Hora:
17:00 - 21:00

Organizador

AVV Labacengos
Teléfono:
606 729 038