Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

40º Festival Irmandiño

17 Agosto ás 13:30 - 23:59

A AC Irmandiños de Moeche programa tres días de música e troula cos que rememorar, a través da cultura, as revoltas do século XV contra a opresión feudal. Van xa 40 edicións dun festival que, xunto co de Pardiñas, é o máis veterano de todos cantos se celebran en Galicia arredor do folc e das músicas de raíz. O segundo día do festival, o sábado, a programación arrancará ás 11.00h. coa apertura gratuíta do castelo, onde visitar o Centro de Interpretación das Revoltas Irmandiñas e unha exposición sobre a historia do festival. A partir de aí encadéanse unha chea de actividades:

13.30h. Sesión vermú no campo do festival con picadiscos

17.00h. ASALTO INFANTIL ao castelo. Recoméndase que a rapazada que queira participar estea sobre as 16.15 ou 16.30h. para os preparativos

18.00h. Competición de xogos tradicionais

20.30h. a 00.30h. Concertos dos CARECOS, SARAIBAS e SÉS.

00.30h. Pregón a cargo do poeta local ALFONSO VENANCIO e ASALTO AO CASTELO

1.15h. a 04.00h. Concertos de HUNTZA e TECOR SOCIETARIO

Detalles

Fecha:
17 Agosto
Hora:
13:30 - 23:59
Evento Categorías:
, , ,