Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

6º Ruta Turística da Escudería Moeche

9 Novembro ás 15:00 - 23:30

50€

A Escudería Moeche programou para este día a sexta edición da súa ruta turística, unha proba onde o importante é manter a regularidade ao longo dun percorrido por toda a comarca que se coñece xusto antes da saída. Hai que seguir un itinerario pasando polos puntos de control sinalados e facelo dentro dos tempos indicados. Adiantarse ou retrasarse supón penalizacións que se van acumulando e que, ao remate, son as que deciden quen gana. A ruta forma parte do open de Ferrolterra e, malia ter un punto competitivo, o que se pretende é pasalo ben dando unha volta polo territorio. Como novidade, este ano inclúese unha proba de habilidade ademais da xa de por si dificultosa loita contra o crono.

A entrega de dorsais será ás 15.00h. e a primeira saída darase ás 16.00h. desde diante do Bar Toñito, en Abade. Haberá premios para os tres primeiros clasificados e tamén para o primeiro histórico. Ademais, ao ser a derradeira ruta do ano, tamén se entregarán os trofeos do open comarcal.

A participación ten un prezo de 50€, nos que se inclúe a cea -2 persoas- que se servirá na Nave do Mercado de Moeche a partir das 22.00h.  As inscricións hai que facelas no Bar Xambas, no Bar Marcial, na Cervecería Río do Pozo (Narón) e, nas Pontes, contactando co 671 581 118. Hai máis información na web da Escudería Moeche ou na súa páxina en Facebook

Detalles

Fecha:
9 Novembro
Hora:
15:00 - 23:30
Precio:
50€
Evento Categorías:
, ,
Pagina Web:
https://slalommoeche.weebly.com/rutas-turiacutesticas

Organizador

Escudería Moeche