Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Fotografía “Moeche, futuro en feminino 2019”

9 Marzo ás 11:00 - 11:30

En 2018, para a celebración do Día da Muller,  xuntámonos máis dun cento de mulleres para saírmos nunha foto que fose testemuño no futuro dun retrato en feminino do noso concello. Pois ben, este ano queremos dedicarlle unha foto ao futuro, queremos recoller nunha imaxe o “Moeche, futuro en feminino”. E para iso, precisamos da colaboración de todas aquelas pequenas mulleres, que a día de hoxe son menores de idade, para que se presten a facer unha fotografía e amosar o futuro en feminino.

Por todo isto, convocamos ás pequenas da vosa casa (menores de 18 anos), a que o vindeiro 9 de marzo se acheguen á nave do mercado, ás 11.00 horas. Así, tomaremos alí a fotografía “Moeche, futuro en feminino 2019”.

Detalles

Fecha:
9 Marzo
Hora:
11:00 - 11:30
Evento Categorías:
,

Organizador

Concello de Moeche
Teléfono:
981404006
Email:
correo@moeche.gal
Pagina Web:
www.moeche.gal