O 3 de agosto dende o departamento de deportes, ofrece unha ruta circular, de aproximadamente 6 kilómetros e medio por terra e asfalto. Visitaremos lugares de interese, como a canteira de Penas Albas, visitada tamén na xeoruta do Toelo, a capela de San Marcos e área recreativa Soutogrande, pero trasladarémonos tamén ao concello veciño para visitar o Pico de Ferreira. Esta andaina, ten unha especial dificultade, debido á elevada pendente, polo que se farán dous grupos dependendo da velocidade e resistencia dos inscritos. Recoméndase levar auga, calzado cómodo e un caxado para apoiarse nel.
Inscricións e máis información en daniel.feijoo@moeche.gal ou chamando ao 981404006