Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Asemblea veciñal en San Xurxo

10 Xaneiro ás 19:30 - 21:00

A área de Participación veciñal xa ten programado o calendario de asembleas veciñais co obxectivo de que todas e todos poidamos participar coas nosas propostas na mellora do concello. A rolda percorrerá todas as parroquias entre o 8 e o 15 de xaneiro. As xuntanzas son o foro no que o Goberno local nos expón os proxectos que se acaban de facer, aqueles que están en marcha e os que teñen previsto executar de cara ao ano que comeza, recollendo para iso as ideas e necesidades de cada zona.

Ademais, as asembleas funcionan como punto de encontro e debate sobre moitas outras cuestións que nos afectan, aínda que non dependan directamente do Concello, como por exemplo os problemas do tren e a mellora das comunicacións ou a situación da atención sanitaria. Asuntos importantes que o Concello debe asumir como propios para trasladarllos ás Administracións responsables. Por iso é importante que participes acudindo á xuntanza da túa parroquia. 

Detalles

Fecha:
10 Xaneiro
Hora:
19:30 - 21:00
Evento Categoría:

Organizador

Concello de Moeche
Teléfono:
981404006
Email:
correo@moeche.gal
Pagina Web:
www.moeche.gal