Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Asemblea veciñal na parroquia de Abade

16/11/2018 ás 19:30 - 21:00

Estamos ás portas do cambio de ano e cómpre deseñar un orzamento municipal que nos permita seguir transformando o concello. E para iso, nada mellor que escoitar todo o que tedes que dicir: pistas que requiren arranxos, alumeados públicos, servizos que se poderían poñer en marcha, cambios ou melloras na prestación doutros… todo ten cabida nas asembleas parroquiais, coa finalidade de construírmos entre todas e todos o Moeche que queremos. Anímate a vir e fai as túas propostas. A xuntanza correspondente á parroquia de Abade desenvolverase no Centro Sociocultural Francisco Piñeiro o 16 de novembro a partir das 19.30h.

Detalles

Fecha:
16/11/2018
Hora:
19:30 - 21:00
Evento Categoría:

Organizador

Concello de Moeche
Teléfono:
981404006
Email:
correo@moeche.gal
Pagina Web:
www.moeche.gal