Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Campaña de doazón de sangue

3 Decembro ás 16:00 - 21:00

Un dos autobuses da ADOS estará en Moeche para facer extraccións de sangue. A OMS  estima  en 40 a 60 doazóns por cada 1.000 habitantes como ratio axeitada para cubrir as necesidades da sanidade, unha cifra que no noso concello non se está alcanzando. A doazón de sangue é un acto seguro, sinxelo, cómodo e necesario para solucionar os problemas de saúde de moitas persoas e mesmo salvarlles a vida. As doazóns fan falla todos os días para soster as necesidades da sanidade galega que, segundo o SERGAS, realiza unha media de 500 intervencións cirúrxicas, atende 2.700 urxencias e fai -tamén como promedio diario- tres trasplantes de órganos ou tecidos. Os homes poden doar un máximo de 4 veces ao ano e as mulleres 3, deixando pasar entre cada doazón un mínimo de 2 meses. Os requisitos principais son o de ter unha saúde normal, pesar máis de 50 quilos e ter unha idade comprendida entre 18 e 65 anos.

Detalles

Fecha:
3 Decembro
Hora:
16:00 - 21:00
Evento Categorías:
,
Pagina Web:
https://ados.sergas.gal

Organizador

Concello de Moeche
Teléfono:
981404006
Email:
correo@moeche.gal
Pagina Web:
www.moeche.gal