Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Campaña educativa itinerante sobre prevención e xestión de residuos domésticos

22 Xuño ás 10:00 - 14:00

Gratuito
O Mercado de Moeche, este sábado 22 de xuño a partir das 10.00 h, acollerá as actividades da campaña de prevención e xestión de residuos domésticos,  cunha amena exposición  e un obradoiro – ás 12.30h- para a rapazada,
Dende a concellería de Medio Ambiente do Concello de Moeche, queremos avanzar cara á  sustentabilidade e a conservación do noso entorno, e para iso promovemos a recollida selectiva entre a nosa veciñanza, facilitando servizos como a recollida de voluminosos, de plásticos agrícolas, incrementando os puntos de colectores de papel, vidro e plástico e poñendo novos colectores para a recollida de pilas ou aceite de cociña.
Partindo da importancia da colaboración e implicación veciñal nesta materia, co obxectivo de fomentar a correcta xestión dos residuos domésticos e, especialmente, a prevención do desperdicio alimentario o Concello de Moeche adheriuse á campaña educativa itinerante sobre a xestión de residuos domésticos que está a facer a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia

 

O desenvolvemento desta campaña aborda aspectos relativos á xestión dos residuos domésticos, prevención, reutilización, recollida selectiva, reciclaxe, compostaxe e desperdicio alimentario mediante a exposición de paneis e un equipo de educadores ambientais que tamén atenderán as dúbidas das persoas que se acheguen.
 Exposición de paneis:
Conxunto de 6 paneis, tamaño 120 cm (ancho) x 205 cm (alto), acompañada por unha pantalla con proxección de información audiovisual e atendida por un educador ambiental. As temáticas abordadas son:
1. Xestión de residuos municipais
2. Prevención e preparación para a reutilización
3. Desperdicio alimentario
4. Compostaxe
5. Recollida selectiva
6. Economía circular
.
–  Actividades dinámicas:
Xogo -obradoiros de 60 minutos, realizados por un educador ambiental e dirixidos a grupos de rapazada.
Por todo isto, agardamos contar coa vosa implicación e presenza o sábado 22 de xuño dende as 10.00, data na que h- rá na nave do mercado a exposición itinerante, ademais da  actividade dinámica  a partir das 12.30 para toda a rapazada.

Detalles

Fecha:
22 Xuño
Hora:
10:00 - 14:00
Precio:
Gratuito
Evento Categorías:
, ,
Evento Etiquetas:
, ,

Lugar

Nave do Mercado, San Ramón
San Ramón
Moeche, A Coruña 15563 Spain
Teléfono:
981944000
Pagina Web:
www.moeche.gal

Organizador

Concello de Moeche
Teléfono:
981404006
Email:
correo@moeche.gal
Pagina Web:
www.moeche.gal