Cargando Eventos

« All Eventos

Castelo de Sons: Xoán Curiel

15 Decembro ás 19:30 - 21:00

O programa Castelo de Sons naceu con dous obxectivos: por unha banda ampliar a oferta cultural do concello con espectáculos alternativos e, por outra, promover o castelo de Moeche como espazo vinculado ao lecer, a creación e o coñecemento máis aló do seu valor patrimonial. Nesta última sesión do ciclo contaremos coa actuación de Xoán Curiel. É un dos nosos cantautores máis prolíficos, ademais de tocar tamén as artes escénicas. Desde que publicara en 2009 o seu disco “Nai”, van aló outros catro traballos: “Ecuacións”, “Magnético Zen”, “Estamos no verán!!” (con Charo Pita) e o máis novo, “A Casa do terror”, cada un co seu estilo pero sempre en galego. Curiel súmase ao Castelo de Sons cunha escolma de poemas cantados da literatura galega.

Entradas a 2€ (1€ menores de 16 anos, maiores de 65 ou titulares de Carné Xove)

Detalles

Fecha:
15 Decembro
Hora:
19:30 - 21:00
Evento Categorías:
, ,

Lugar

Castelo de Moeche
San Xurxo
Moeche, Spain

Organizador

Concello de Moeche
Teléfono:
981404006
Email:
correo@moeche.gal
Pagina Web:
www.moeche.gal