Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Celebración do Día Internacional da Muller

7 Marzo ás 11:30 - 13:00

O Concello de Moeche súmase un ano máis á celebración do Día Internacional da Muller, e se en anos anteriores nos se fixo un chamamento a todas as mulleres do territorio para reflectir nunha foto a súa forza e unidade,  este ano queremos reunirnos para celebrar a data o sábado 7 de marzo a partir das 11.30 h na nave do Mercado de San Ramón.

O encontro aproveitarase para presentar a publicación do proxecto EspadELA “Historias de vida”, realizado pola Cooperativa Arabías no marco dos obradoiros de empoderamento feminino impartidos en Moeche e noutros municipios durante o pasado outono.

Nesta publicación cóntannos historias de seis mulleres que formaron parte deses obradoiros, relatos da vida e do cotián do rural, de mulleres traballadoras incansables, dúas delas veciñas de Moeche, Pili Carrodeguas e Eva Quetti. “Historias de vida” obtivo o Premio Luisa Villalta da Deputación da Coruña.

Ao remate do acto de presentación haberá uns petiscos e un viño galego para todas as persoas asistentes.

Detalles

Fecha:
7 Marzo
Hora:
11:30 - 13:00
Evento Categorías:
,

Lugar

Nave do Mercado, San Ramón
San Ramón
Moeche, A Coruña 15563 Spain
Teléfono:
981944000
Pagina Web:
www.moeche.gal

Organizador

Concello de Moeche
Teléfono:
981404006
Email:
correo@moeche.gal
Pagina Web:
www.moeche.gal