Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Charla sobre a nova normativa forestal e de prevención de incendios

16/07/2018 ás 18:00 - 19:30

O Goberno galego aprobou nos últimos meses unha serie de textos legais que veñen modificar a normativa forestal así como todo o referido a distancias que se deben manter libres de maleza. Para falar destas cuestións, o Concello organizou unha charla impartida por persoal técnico do Distrito forestal de Ferrol onde se explicarán os cambios legais e se aclararán dúbidas sobre o seu alcance, nomeadamente sobre a responsabilidade da limpeza das parcelas próximas a vivendas, núcleos de poboación e infraestruturas.

Ademais tamén se comentarán os cambios en canto á tramitación das solicitudes e comunicacións de corta. Desde o pasado mes de abril as persoas xurídicas teñen a obriga de facer estas xestións por internet, mentres que os propietarios e propietarias particulares poden seguir pedindo as autorizacións en papel. Con todo, tarde ou cedo ha de ser obrigatorio facelo todo a través da rede e por iso esta charla tamén é interesante para calquera que teña monte e que queira saber por onde tende a tirar a Administración Autonómica.

Detalles

Fecha:
16/07/2018
Hora:
18:00 - 19:30
Evento Categorías:
, , ,

Organizador

Concello de Moeche
Teléfono:
981404006
Email:
correo@moeche.gal
Pagina Web:
www.moeche.gal