Cargando Eventos

« All Eventos

Charla sobre o dano cerebral adquirido

26 Setembro ás 18:30 - 19:30

A Federación Galega de Dano Cerebral e mailo Concello organizan unha charla informativa sobre o chamado “Dano Cerebral Adquirido” ou, dito doutra maneira, os episodios que poden mancar o noso cerebro, xa sexan por golpes sufridos en accidentes ou problemas de saúde que acaban desembocando tromboses ou derrames, agrupados pola medicina dentro da denominación de ictus.

Na sesión falarase das causas habituais do ictus -o dano máis frecuente-, pero tamén de como previlo mediante unha dieta saudable e exercicio regular. Tamén se abordarán os tratamentos existentes dependendo das causas que o producen e do procedemento de rehabilitación posterior. Neste sentido, desde o ámbito da medicina insístese en que é moi importante identificar de inmediato os sinais do ictus, como son a parálise, a súpeta falla de sensibilidade nas extremidades, dificultade na fala, etc., xa que, canto antes se actúe, maiores serán as posibilidades de supervivencia e de que non queden secuelas.

Detalles

Fecha:
26 Setembro
Hora:
18:30 - 19:30
Evento Categorías:
,
Pagina Web:
https://www.fegadace.org/

Lugar

Biblioteca Municipal
Rúa da Feira 32, San Ramón
Moeche, A Coruña 15563
Teléfono:
981404006

Organizador

Concello de Moeche
Teléfono:
981404006
Email:
correo@moeche.gal
Pagina Web:
www.moeche.gal