Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Cine ao aire libre: “Gru 3: Mi villano favorito”

14/07/2018 ás 21:45 - 23:00

Gratuito

Sempre é un pracer poder ver unha película en pantalla grande. E se é ao aire libre, o pracer é dobre. Por iso este verán volvemos programar unha proxección nocturna na área recreativa de Soutogrande. A película elixida é “Gru 3: Mi villano favorito”, terceira entrega da serie protagonizada por este “malvado” de grande corazón e os seus inseparables minions.

Nesta nova aventura, Gru enfrontarase ao seu pasado e ao supervilán Bratt, ademais de coñecer ao seu propio irmán xemelgo, Dru. As peripecias sucédense nun filme que gustará a cativería e xente maior, gracias en parte á fantástica escolma de cancións dos 80 da súa banda sonora. O pase forma parte da Rede Cultural da Deputación da Coruña. A entrada é de balde.

Detalles

Fecha:
14/07/2018
Hora:
21:45 - 23:00
Precio:
Gratuito
Evento Categorías:
,

Lugar

Area Recreativa Souto Grande
Souto Grande San Xurxo
Moeche, A Coruña 15563 Spain
Teléfono:
981 404006
Pagina Web:
moeche.gal