Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Cine e historia: “O segredo da Frouxeira”

24 Marzo ás 17:30 - 18:30

“O segredo da Frouxeira” é unha longametraxe dirixida por Xosé Abad e Sandra García que nos achega a uns feitos reais acaecidos en 1936, cando o derradeiro alcalde republicano de Serantes (concello hoxe anexionado a Ferrol) escapa para evitar a súa captura polos militares.

Durante uns meses, é agochado sucesivamente por tres persoas (Modesto del Rio, Avelino Landeira e Jesús Miño). Finalmente, é capturado e paseado na praia da Frouxeira (Valdoviño) xunto cos seus protectores. O documental permitiu a reconciliación das catro familias, logo de coñecer a verdade dos feitos, completamente diferente da que lles contaran as autoridades ao longo do tempo.

A película, dunha hora de duración, foi nomeada en 2010 finalista dos premios Mestre Mateo e recibiu diferentes premios nacionais. A Universidade Libre de Berlín proxectouna en 2017 como unha ferramenta explicativa da represión durante a ditadura franquista.

Detalles

Fecha:
24 Marzo
Hora:
17:30 - 18:30
Evento Categoría:

Lugar

Castelo de Moeche
San Xurxo
Moeche, Spain

Organizador

Concello de Moeche
Teléfono:
981404006
Email:
correo@moeche.gal
Pagina Web:
www.moeche.gal