Cargando Eventos

« All Eventos

Concerto do alumnado do Xan Viaño no Castelo en colaboración con AMICOR Ferrol

13 Decembro ás 18:00 - 19:30

A Asociación de Amigos do Corazón de Ferrol (AMICOR) desenvolve ao longo do ano unha intensa programación de formación e concienciación arredor da prevención das enfermidades cardiovasculares. Unha programación que inclúe charlas, seminarios e outras actividades relacionadas cos estilos de vida saudables ás que a entidade lles dá sempre un formato novidoso. Este mércores 13 de decembro AMICOR virá ao Castelo de Moeche para falarnos de como manter en forma o corazón e o sistema circulatorio. Darannos consellos de grande utilidade que virán acompañados da música do alumnado de violín e arpa do Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol, xunto co dúo de arpas formado por Celine Landelle -Orquestra Sinfónica de Galicia- e María José Carralero, do e dun dúo de arpas a cargo de Celine Landelle (sinfónica de Galicia) e María José Carralero, profesora deste instrumento no Xan Viaño.

A entrada é gratuíta pero o aforo estará limitado a 65 persoas, polo que se prega puntualidade.

Detalles

Fecha:
13 Decembro
Hora:
18:00 - 19:30
Evento Categorías:
, ,

Lugar

Castelo de Moeche
San Xurxo
Moeche, Spain
+ Google Map