Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Contacontos para crianzas (0-3 anos): “Paxariños”

22 Setembro ás 11:00 - 12:00

Gratuito

A Biblioteca Municipal acollerá neste día unha actividade moi recomendable para meniños e meniñas de 0 a 3 anos na compaña dos seus papás e mamás. Trátase da sesión de contacontos “Paxariños”, a fantasía e a música xúntanse nunha proposta para descubrirlles aos bebés o mundo que os rodea tomando como escusa o nacemento dun paxariño. A actriz Vanessa Rivas preparará o xardín para recibir o poliño da mellor maneira posible, seguindo para iso o guión do conto “Turelí Tureló” coa banda sonora composta polo coruñés Tito Barbeito. Ademais, na sesión tamén entran “O Grande libro do polo Pepe” e “Sal do cascarolo, poliño!”, que seguen copando os éxitos de vendas da literatura para os máis pequenos da casa.

A obra forma parte das campañas de animación á lectura da Biblioteca Municipal e conta con colaboración da Consellería de Cultura a través do programa Ler conta moito.

Detalles

Fecha:
22 Setembro
Hora:
11:00 - 12:00
Precio:
Gratuito
Evento Categorías:
, , ,

Lugar

Biblioteca Municipal
Rúa da Feira 32, San Ramón
Moeche, A Coruña 15563
Teléfono:
981404006

Organizadores

Concello de Moeche