Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Curso de autoprotección ante a violencia de xénero

30 Novembro ás 16:30 - 19:00

O Concello programou para o 30 de novembro un curso de técnicas de autoprotección ante episodios violentos dirixido a mulleres. A sesión terá lugar no local social de Abade durante aproximadamente dúas horas e media, das 16.30 ás 19.00h. O tempo repartirase entre unha parte teórica e outra de exercicios prácticos. A sesión impartirana persoas con experiencia en autodefensa e cun fondo coñecemento sobre o “ciclo da violencia machista” que se replica case calcado en todos os casos de maltrato e que adoita dar sinais de alarma incluso antes de que se produza a primeira agresión física.

A actividade é totalmente gratuíta e ofrece 20 prazas. As inscricións deben facerse antes do venres 29 chamando ao Concello -981 404 006-, pasando pola oficina de Benestar Social ou mandando un correo electrónico a correo@moeche.gal.

O obradoiro de autoprotección conta con financiamento da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero auspiciado polo Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade.

logopresidencia             logoministerio             logopacto

Detalles

Fecha:
30 Novembro
Hora:
16:30 - 19:00
Evento Categoría:

Organizador

Concello de Moeche
Teléfono:
981404006
Email:
correo@moeche.gal
Pagina Web:
www.moeche.gal