Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Curso de condución segura

14 Setembro ás 09:00 - 19:00

Gratuito

O Concello e maila Dirección Xeral de Xuventude traen ata Moeche un curso de condución segura para a mocidade de entre 18 e 30 anos. A actividade terá lugar no recinto da feira durante todo o sábado 14 de setembro e nela tocaranse unha chea de aspectos, desde a maneira de sentar ao volante até o xeito de recuperar a traxectoria se o coche quere atravesarse. Serán contidos teóricos e maioritariamente prácticos repartidos en dúas quendas de catro horas e media de duración, unha de mañá e outra de tarde con dez prazas dispoñibles en cada unha delas. Trátase dunha proposta totalmente gratuíta na que terán preferencia de acceso os mozos e mozas empadroadas en Moeche.

Os únicos requisitos para participar son o de ter entre 18 e 30 anos e dispoñer do carné de conducir. O demais -profesorado, material didáctico e coches- corre por conta do Concello, quen obtivo unha subvención de 3.000 euros da Dirección Xeral de Xuventude para levar a cabo a iniciativa.

Na parte teórica falarase sobre a posición de condución, o correcto manexo do volante, analizaranse as forzas ás que está sometido un vehículo en circulación, o seu comportamento ante cambios de traxectoria ou freadas bruscas e os sistemas de seguridade activos e pasivos cos que contan hoxe a maioría dos coches. Ademais tamén se verá por que se producen as situacións de subviraxe  e sobreviraxe  -que o coche vaia de morros ou que se vaia de atrás nunha curva- e como saír delas xogando coa dirección e o acelerador.

Todos estes aspectos abordaranse mesturados con exemplos prácticos onde as rapazas e rapaces poderán ver en primeira persoa como reacciona o vehículo en determinadas condicións e, ao mesmo tempo, aprender a levalo de maneira segura e eficiente. Así, tanto a sesión da mañá como a da tarde teñen unha mesma estrutura: 45 minutos iniciais de teórica, logo 1 hora de exercicios combinados de slalom e freada asimétrica, outra hora máis alternando freadas con esquivas e curvas deslizantes e, para rematar, unha última hora de trazados de condución cos sistemas de seguridade -ABS, CT e ESP- activados.

A primeira quenda, a da mañá, desenvolverase entre as 09.00h. e as 13.30h., mentres que a da tarde está programada de 15.00 a 19.30h. .

Detalles

Fecha:
14 Setembro
Hora:
09:00 - 19:00
Precio:
Gratuito
Evento Categoría:
Pagina Web:
http://www.moeche.gal

Organizador

Concello de Moeche
Teléfono:
981404006
Email:
correo@moeche.gal
Pagina Web:
www.moeche.gal