Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Día de Rosalía

24/02/2018 ás 10:00 - 14:00

O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro. Este ano coincide en sábado e por iso preparamos un pequeno evento cultural que terá lugar na nave dos tecidos, cadrando ademais co Mercado de Moeche.

Todas as persoas que veñan facer a compra levarán un agasallo conmemorativo da obra e vida de Rosalía, nai das nosas letras e unha figura adiantada ao seu tempo pola mensaxe identitaria e de empoderamento feminino que desprende a súa escrita.
Ademais de recibir un pequeno detalle rosaliano, quen pase polo mercado tamén poderá ver unha mostra da súa extensa obra literaria, dispoñible para consulta ou retirada en calquera momento na Biblioteca municipal.

Detalles

Fecha:
24/02/2018
Hora:
10:00 - 14:00
Evento Categoría:

Lugar

Recinto Feiral
San Ramón
Moeche, A Coruña Spain
+ Google Map

Organizador

Concello de Moeche
Teléfono:
981404006
Email:
correo@moeche.gal
Pagina Web:
www.moeche.gal