Día de Rosalía

Moeche súmase un ano máis á homenaxe a Rosalía de Castro e á súa obra no 185 aniversario do nacemento da escritora, e faino conxuntamente coas asociacións veciñais. O Concello traslada a conmemoración da efeméride ao sábado 26 de febreiro, co obxectivo de que o maior número de persoas interesadas poidan participar nas actividades. O Mercado acollerá unha lectura colectiva de poemas e textos rosalianos, unha degustación -para todas as persoas participantes e consumidoras de produtos no mercado- dunha cunquiña do “Caldo de Gloria”, o caldo feito verso por Rosalía, e un sorteo de agasallos conmemorativos da escritora.

No event found!

Submit a Comment