Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Entroido da A.VV. Val de Moeche

2 Marzo ás 14:00 - 20:00

10€ - 15€

O Entroido celebrarano no Val de Moeche cun amplo e saboroso cocido na escola do Pereiro, en San Xurxo, amenizado coa música do noso veciño “Suso Moeche”. O cocido irá acompañado de bebida -auga, viño e refrescos- e de sobremesas típicas -orellas e freixós- a fartar.

O prezo do prato é de 10 euros para persoas socias e de 15 para non socias, mentres que a rapazada menor de 12 anos non pagará. Iso si, fai falla apuntarse antes chamando aos teléfonos 981 404 107 ou 696 944 914. O prazo finaliza o 26 de febreiro.

Detalles

Fecha:
2 Marzo
Hora:
14:00 - 20:00
Precio:
10€ - 15€
Evento Categorías:
,

Organizador

AVV Val de Moeche
Teléfono:
696 944 914