Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Entroido en Labacengos

3 Marzo ás 14:30 - 22:00

12€ - 15€

A Asociación veciñal de Labacengos convídanos a pasar un Domingo de Entroido como é debido, é dicir, con cocido, máscaras e música. Para empezar, xantar: sopa de cocido, cocido -lacón, touciño, costela, chourizo, patacas, verdura, garavanzos-, pan e bebida, que irán seguidos dunha sobremesa con doces típicos deste tempo, ademais de café de pota e un chupiño.

O prezo para persoas socias son 12€, mentres que as non socias deberán pagar 15€. Hai que apuntarse antes do 16 de febreiro chamando ao 606 729 038.

A asociación ten reservados dous premios: un para o disfraz máis orixinal na categoría infantil e outro para a categoría de persoas adultas. Da parte musical encargarase a vocalista Marisol, que repasará o repertorio festeiro a partir das 17.00h. Para ir botarlle unha peza non fai falla apuntarse.

A organización conta con colaboración da veciñanza da parroquia e tamén do Concello.

Detalles

Fecha:
3 Marzo
Hora:
14:30 - 22:00
Precio:
12€ - 15€
Evento Categorías:
,

Lugar

Labacengos, O Ventoeiro
O Ventoeiro
Moeche, A Coruña 15564 Spain
Teléfono:
981404006
Pagina Web:
moeche.gal

Organizador

Concello de Moeche
Teléfono:
981404006
Email:
correo@moeche.gal
Pagina Web:
www.moeche.gal