Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro: “Eu queríame casare”

10 Novembro ás 19:30 - 21:00

“Eu queríame Casare” é unha comedia total que relata a historia de dous auténticos perdedores que buscan a súa última oportunidade no amor. Antón e Lola andan cerca dos corenta anos e están buscando unha relación máis… menos… unha relación á que poder agarrarse como clavo ardendo antes de que pase o tren, se pase o arroz e pase… o que teña que pasar. Coñécense nun destes programas televisivos de “cita a cegas”, a cousa non funciona, pero Antón e Lola, Lola e Antón son de todo menos predicibles e pode rematar pasando calquera cousa. Poñámonos no peor.

A peza humorística está escrita polo prolífico Jose Prieto e interpretada por Pedro Brandariz e Lucía Veiga. Chega a Moeche dentro da programación financiada pola Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Prezo entrada: 2€. Pódese recoller no mesmo  C.Cultural  30 minutos antes do comezo da representación  ou ben na Casa do Concello de luns avenues de 8.30 a 14.00 h.

Detalles

Fecha:
10 Novembro
Hora:
19:30 - 21:00
Precio:
Evento Categorías:
,