Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Excursión a León e á cova de Valporquero da A.VV. Val de Moeche

14/04/2018 ás 07:00 - 22:00

40€ - 50€

A asociación Val de Moeche organiza unha viaxe  para pasar a xornada do sábado 14 de abril nalgunhas das zonas máis espectaculares de León. A saída en autobús está posta para as 7.00h. desde o local social do Pereiro. A primeira parada, xa en terras leonesas, farase na estación de esquí de Valgrande e na zona das Hoces de Vegacervera, por onde é necesario pasar para chegar á grande gruta de Valporquero.

O programa inclúe tamén unha visita á cidade de León para ver a catedral, o Barrio Húmido, a Casa Botines, etc. O custe da inscrición é de 45€ para persoas socias e de 50€ para as non socias. Nela entra o desprazamento, o seguro, o xantar e as entradas aos elementos con visita organizada de antemán. As persoas que non queiran esta opción e prefiran andar por libre terán un desconto de 10€ sobre o prezo da viaxe.

Para apuntarse hai que chamar o antes posible ao 981 404 107 ou 696 944 914.

Detalles

Fecha:
14/04/2018
Hora:
07:00 - 22:00
Precio:
40€ - 50€
Evento Categorías:
, ,

Organizador

AVV Val de Moeche
Teléfono:
696 944 914