Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Excursión a Vila Nova de Cerveira (Portugal) da A.VV. de Labacengos

14/04/2018 ás 07:30 - 21:30

30€ - 35€

A asociación veciñal de Labacengos propónnos ir pasar o sábado 14 de abril á outra banda do Miño, visitando Vila Nova de Cerveira e A Fortaleza. A saída está prevista ás 7.30h. nun autobús que irá parando en San Xiao, na Igrexa de Labacengos, en Balocos e no Empalme de San Ramón para emprender logo camiño a Portugal, de onde está previsto estar de volta sobre as 21.30h.

Pola mañá haberá tempo para pasear por libre en Vila Nova de Cerveira e no seu afamado mercado, onde se pode atopar de todo: roupa, calzado, plantas, mobles, ferramenta, utensilios de cociña, alimentos, etc. Ademais, a vila tamén ofrece outros atractivos, como a Casa Verde, o Castelo que aínda hoxe desafía o fortín galego de Goián ou o edificio do mercado municipal.

O xantar está programado uns quilómetros máis arriba, en Valença do Minho. O menú estará composto de arroz caldoso de marisco, bacallau ao estilo da casa, sobremesa tamén caseira, pan, viño, auga, refrescos e café. Despois de comer haberá tempo de sobra para facer compras nalgunha das ducias de tendas encantadoras que hai na Fortaleza, a parte máis histórica de Valença rodeada por unha inmensa muralla que é un auténtico espectáculo en si mesma.

O prezo da excursión é de 30€ para persoas socias e de 35€ para non socias, xantar incluído. Para apuntarse hai que chamar ao 606 729 038. O último día é o 11 de abril e están a piques de cubrirse todas as prazas dispoñibles.

 

Detalles

Fecha:
14/04/2018
Hora:
07:30 - 21:30
Precio:
30€ - 35€
Evento Categorías:
, , ,
Evento Etiquetas:
, ,

Organizador

AVV Labacengos
Teléfono:
606 729 038