Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Excursións ao certame do Queixo de Gamonéu das asociacións de Labacengos e Val de Moeche

27 Outubro ás 08:00 - 21:00

O Concello de Moeche está convidado ao 40º Certame do Queixo Gamonéu que se celebra en Benia de Onís o domingo 27 de outubro. A empresa local Lácteos de Moeche será a única queixaría non asturiana que contará cun expositor nesta feira e, ademais, ao evento tamén asistirá unha delegación do Concello. Pola súa banda, tanto a asociación veciñal de Labacengos como a do Val de Moeche organizan cadansúa excursión ao certame, para as que xa podedes ir apuntándovos dado que as prazas son limitadas:

  • Viaxe da AVV de Labacengos: visita á feira do Gamonéu e tamén á vila de Cudillero, 35€ persoas socias e 40€ non socias. Inscricións no 606 729 038.
  • Viaxe da AVV Val de Moeche: visita tamén ao certame do queixo e ao santuario de Covadonga, 40€ persoas socias e 45€ non socias. Inscricións no 622 916 160.

Detalles

Fecha:
27 Outubro
Hora:
08:00 - 21:00