Cargando Eventos

« All Eventos

III Feira do Gando Vacún

23 Xuño ás 09:00 - 15:30

A Feira de Gando Vacún celébrase desde hai 2 anos en colaboración co sector gandeiro do municipio. A feira é unha cita que se enmarca na promoción do recinto feiral como eixo de desenvolvemento rural do municipio, pero tamén unha escusa para reivindicar o potencial que temos dentro do sector cárnico e leiteiro.

A principal novidade da feira é a convocatoria do I Concurso de Fotografía Feira do Gando Vacún, co obxectivo de reflectir a gandeiría e a vida no rural en Moeche. Ese será o lema do certame, que contará con dúas categorías:

  • Foto dunha gandeiría: onde se pode plasmar calquera actividade asociada ao traballo diario que desenvolven as nosas gandeiras e gandeiros (alimentación dos animais, limpeza dos establos, pastoreo, etc.)
  • Foto da vida no rural en Moeche: imaxes que deixen patente calquera modo de vida vencellado á terra ou a crianza de animais.

Haberá un primeiro premio por cada categoría, ademais dun premio á foto máis votadas na redes. O xurado estará composto por profesoinais do mundo da fotografía e membros das entidades municipais.

Detalles

Fecha:
23 Xuño
Hora:
09:00 - 15:30
Evento Categorías:
, , , ,

Lugar

Recinto Feiral
San Ramón
Moeche, A Coruña Spain
+ Google Map